O 13 de xaneiro celebrarase en Lalín o primeiro Congreso de Montaña e Fotografía.

27508

Written by:

 O 13 de xaneiro celebrarase en Lalín o primeiro Congreso de Montaña e Fotografía.

A Montaña e a Fotografía ofrecen atractivos comúns para os amantes de ambas disciplinas. Inmortalizar as espectaculares paisaxes dos cumios, documentar as expedicións ou atopar as mellores luces nos recunchos máis impresionantes convírtense nun soño para os aventureiros dispostos a carrexar o equipo fotográfico nas duras travesías.

Coa finalidade de compartir vivencias en torno a estas dúas disciplinas xurde o primeiro Congreso de Montaña e Fotografía en Lalín no que un cartel de luxo formado por 8 ponentes do máis recoñecido prestixio plantexarán as súas experiencias facéndonos pasar unha xornada inesquecible, apto para todos os públicos tamén teremos sorteos con premios moi apetecibles.

Ponencias.

  1. Ramón Vila, Un mundo de montaña, Arxentina,Francia, Sinkiang, Siking, Nepal, Ecuador, Ladakh, Islandia, Perú, Groenlandia, Pakistán…. etc.
  2. Víctor Barro, Activista, alpinista, fotógrafo é cineasta. Contribue as causas dos movimentos sociais, medioambientais e pro dos dereitos humanos en todo o mundo, traballa para a editorial Desnivel, e desempeña un gran traballo de ecoloxista “Amigos de la Tierra” desde 2007.
  3. Abel Pereira, Fotógrafo e esquiador alpino, colaborador da web Nevasport e anda a desenvolver o seu proxecto persoal “Schnee” de fotografía na montaña (Carintia, Tirol, Alpes Franceses, Pireneos,…) e como non podía ser outra… a fotografía analóxica e quen cubre a maioría dos seus traballos.
  4. Fuco Reyes, Explorador de paisaxes emocionais, psicólogo e fotógrafo, gañador dos últimos premios LUX (Premio Nacional de Fotografía Profesional), montañeiro e docente da Universidade de Santiago de Compostela de cursos e talleres de fotografía, con unha mirada moi especial cara montaña e natureza.
  5. Fran Nieto, Fotógrafo especializado en natureza, gañador de máis de 40 concursos de fotografía e autor de dous libros técnicos referentes na materia, e un montón de etc.. que aquí non teríamos espacio para cubrir todo o que fixo Fran.
  6. ASC Bombeiros de Galicia, co grupo G.E.R.A (Grupo Especial de Rescate en Altura) e ICAR (Comité Internacional de Rescate Alpino).
  7. Pablo Mella,Camiñante, montañeiro, corredor de trails e ultratrails, escalador, trekking por Nepal, profesor de obradoiros de fotografía da UDC dende 2004, membro-fundador de No Importa taller creativo, etcétera…
  8. José Pereira, Fotógrafo dixitalización e documentación do patrimonio cultural por todo mundo… e ata aquí podo escribir… xa nos contará él máis cousas que nos deixara pegados o asiento.
  9. Como conductor do evento exercerá Benxamín Otero, fotógrafo, músico, creador e mago que aportará o seu persoal e poético punto de vista sobre a fotografía.

Como asistir o congreso

O congreso terá lugar en Lalín, o 13 de xaneiro de 2018 de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 a 21:00 h. no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín.

A entrada será de balde mais debido ao carácter solidario do evento proponse que cada asistente leve alomenos un litro de leite para colaborar coa Asociación O Mencer e axudar a familias que se atopan en situación desfavorecida. Nese sentido cómpre dicir que os relatores participan no congreso de forma completamente altruista, facendo un gran esforzo para desprazarse desde diversos puntos da xeografía galega e incluso desde Madrid e mesmo cambiando as súas axendas para poder compartir con todos un día marabilloso.

Se nón podedes asistir pola mañan pola tarde tamén podedes vir, ou un par de horas, podedes adaptar o horario o voso gusto, non tedes porque vir o día completo xa que algúns por traballo non poden.

Todo isto é posible grazas á implicación e colaboración do Fogar de Breogán que cubre os gastos todos de dietas e hospedaxe dos ponentes.

O Concello de Lalín que nos presta o Salón Teatro do Auditorio municipal.

O Grupo “Proyecto Norte Salvaje” que é quen pideu o favor os ponentes para poder participar altruistamente.

Asociación Roteiros de Lalín que está ahí apoiandonos e traballando para que todo esto se leve a bo porto.

E a toda esa xente que colabora con regalos e outras cousiñas Turvegal, ASC, A Cabaniña do Courel, Fran Nieto, O Courel, e mais regalos que se irán incorporando según pase o tempo.

Para xantar e cear.

Todos dereitiños cara o Fogar de Breogán xa que gracias a eles pódese facer este evento, sen a súa axuda non se daría cuberto a maioría dos gastos que se ocasionan e sería imposible, reservade sitio para xantar ou cear xa que así poderán ter unha idea da xente que lles imos alí. Decide que ides do congreso de montaña.

Google Maps: Pincha aquí

Para reservar: Tlf: 986794389 – Movil 637125040

 

O sorteo.

Na entrada daremos unha rifa ca entrega do cartón de leite, o finál do día sortearemos as diferentes cousas.

Os premios son os seguintes:

Curso de técnicas e rescate en altura nivel 1 (Tres días, 30 horas) Prehomologado por AGASP.

 Aloxamento gratuito para unha noite na  A Cabaniña con sesión de jacuzzi sábado a noite “non entran as comidas”, e unha magnifica excursión polo Courel.

 O Courel regálache un fin de semana no albergue de Folgoso no que poderás asistir o curso de fotografia na natureza da mán de David Mella.

Fran Nieto regalaranos un dos seus últimos libros para poder sortear entre a xente.

VianovaAventura sortea un vale para que unha persoa poida escoller calquera das actividades que ofrecen.

A Tenda de Manolo dounos unha chaqueta softshell da casa trangoworld para sortear entre a xente, da talla L, (Queda dito que non se pode cambiar nin existe ningún tipo de vale para outra compra).

EMDEZA Regalanos tres caixiñas con algún dos seus productos para sortear entre a xente.

Tourgalia invita a facer unha excursión por Courel co guia e biólogo Guillermo Diaz, o gañador poderá levar un máximo de 15 persoas.

Casa Caselo invita a dúas persoas a probar a comida típica de Courel.

10º Aviva Outdoor Sports Center quere que sorteemos entre os asistentes un aloxamento na  para duas persoas no corazón do Xurés, e unha ruta guiada e organizada por Marta da empresa Mira Xurés.

A organización non se fai responsable destes premios, calquera reclamación farase ante a empresa colaboradora que dona o premio.

 

Qualquer dubida que poidan ter dende o formulário de contacto poderán preguntarnos.

 

As Cabaniñas en Courel:

Last modified: 9 enero, 2018

2 Responses to " O 13 de xaneiro celebrarase en Lalín o primeiro Congreso de Montaña e Fotografía. "

  1. orlando villasenin dice:

    excelente iniciativa. Agardo que se alongue nos vindeiros anos e tamèn, por què non dicilo, noutros núcleos poboacionais da nosa terra

    unha aperta

  2. Trini dice:

    Boísima iniciativa, ós que nos gosta, e disfrutamos da montaña seremos unos privilexiados de poder escoitarvos.. Moitísimas grazas; de seguro, será o primeiro de moitos!!

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.